Unha fronte “moi activa” deixará cuantiosas choivas na madrugada e mañá do venres

Unha fronte fría atravesará Galicia, deixando ceos cubertos con precipitacións, máis persistentes pola mañá, quedando en forma de chuvascos intermitentes pola tarde.

As temperaturas sen cambios significativos. Os ventos soprarán do suroeste, moderados en xeral, fortes no litoral e zonas altas.

AVISO DE METEOGALICIA: Unha fronte “moi activa” deixará cuantiosas choivas desde a próxima medianoite en Galicia

‘Meteogalicia’ advirte da chegada dunha fronte “moi activa” que repercutirá na Coruña e interior de Pontevedra con abundantes precipitacións este venres de madrugada. Ademais, existe unha alerta laranxa na Costa da Morte e en Coruña noroeste por ventos no mar do suroeste con intervalos de forza 8 desde a medianoite ata as 9,00. As precipitacións caerán desde a medianoite na Coruña ata o mediodía con máis de 40 litros/metros cadrados previstos.

METEOGALICIA

O NOSO MAR: Vento do sudoeste á mañá, do oeste á tarde e variable á noite, forza 4 a 6 á mañá, 3 a 5 á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade mala á mañá, regular á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 4 a 5 metros á tarde e 3.5 a 4.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar03:071.4 m
Preamar09:202.7 m
Baixamar15:141.6 m
Preamar21:452.8 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar02:571.5 m
Preamar09:102.7 m
Baixamar15:061.6 m
Preamar21:342.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar03:031.4 m
Preamar09:172.7 m
Baixamar15:111.6 m
Preamar21:422.7 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)