Tres anos e once meses de prisión pide o fiscal para dous detidos por drogas en Ribeira

01 Abril 2022

Tres anos e once meses de prisión é a pena que a Fiscalía pide para unha parella que foi detida pola Policía Nacional de Ribeira en xullo do 2020 que tiñan no seu poder cocaína, heroína e diñeiro en metálico. O ministerio público solicita para ambos o pago dunha multa de 9.500 euros por un delito contra a saúde pública, con responsabilidade persoal subsidiaria de 240 días en caso de falta de pagamento.

Os feitos polos que a Fiscalía abre xuízo oral ante a Audiencia Provincial remóntanse ao 13 de xullo do 2020 cando a Policía Nacional ribeirense interceptou un Citroen C5. no que ian un home, con antecedentes penais, que presuntamente estaba a realizar unha venda de droga a unha muller, tamén maior de idade e sen antecedentes. O arrestado tiña no seu poder 19,49 gramos de cocaína e 9,88 gramos de heroína, dunha pureza do 59,53 %. Tamén portaba 1.609,79 euros.

No informe policial dise que as substancias estaban supostamente destinadas á venda a terceiros, sinalando que o valor de mercado da cocaína, en dose, alcanzaría os 3.545 euros, mentres que o da heroína situaríase en 1.862.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.