Tía Manuela:” As redes sociais, para ben ou peor”. Luís Celeiro

15 Abril 2022

O mundo avanza e retrocede ao mesmo tempo. Moitos detalles vividos, e que se viven, testemuñan a existencia de situacións adversas por mor do camiñar e desenvolvemento dalgunhas técnicas que non se paran a mirar para a felicidade da xente, para a tranquilidade das familias, dos maiores, dos meniños e dos adolescentes. Precisamente estes, os mozos e mozas de once a quince anos, son os máis vulnerables aos efectos nocivos e lesivos das tan
laureadas redes sociais.
Así o indica, con claridade meridiana, un estudo científico publicado recentemente en “Nature Communications”, dirixido por Amy Orben, da Universidad de Cambridge, coa participación doutros destacados investigadores que aportan luz neste bosque escuro, no que teñen que
moverse os pais, os educadores e profesores.
Ao parecer, o vinculo entre o uso das redes socias e o benestar mental “é claramente moi complexo”. A directora do estudo di que “os cambios nos nosos corpos, co desenvolvemento do cerebro e a puberdade, e nas nosas circunstancias sociais, parecen facernos vulnerables en momentos particulares das nosas vidas”. As mulleres sitúanse primeiro que os homes no risco de perder benestar social.
O escritor americano, Dan Brown, autor da novela A fortaleza dixital, fala da tecnoloxía como un instrumento que divide á sociedade en vez de unila, conseguindo que “todos estean conectados e todos sós”. Sós e con moreas de amigos descoñecidos, sós e sen ter quen escoite o que queren dicir, o que queren contar, o que pensan ou o laio do seu corazón grande que fai andar o sangue polas veas a mil por hora.
A mil por hora vai polas redes sociais, especialmente por Instagram e TikTok, a tranquilidade da mocidade que busca ser como son as persoas que lle gustan e que coñecen ou saben delas a través destes medios de pouco falar, de pouco ensinar e de moita influencia.
O nivel de utilización das redes sociais pola poboación moza é moi elevado. Son mecanismos para a interacción, evitan a relación presencial e colocan ao fracaso, se é o caso, detrás da pantalla que serve de parapeto.
O estudo aludido é concienciudo e directo, “poida que se estableza un vinculo negativo entre o uso das redes sociais e a satisfacción coa vida” e poida que se produza en liña un dano sen remedio. Como di a Tía Manuela “vaiche boa, Vilaboa”, as redes sociais poden ser para ben ou para peor.

Outros artigos

“A Folla seca”. Antón Luaces

Aprendendo da vida (III) --------------------------------- Aquela prostitución existente na Galicia do derradeiro terzo do século XX non é máis ca unha lembranza ingrata. Os bares de alterne daquela época están pechados. Na actualidade, o que foi o seu exercicio ten...

+

“España no va como un cohete”. José Castro López

La Comisión Europea eleva al 2,1 por cien el crecimiento del Producto Interior Bruto(PIB) en 2024, cuatro décimas por encima de pronósticos anteriores, prevé que Españacumplirá el objetivo del 3 por cien del déficit que exigen las reglas fiscales, espera quecontinúe...

+

“El Estado soy yo”. Manuel Dominguez

 Es una frase apócrifa que Luis XIV de Francia habría pronunciado el 13 de abril de 1655 ante el Parlamento de París, a los dieciséis años de edad No obstante, tal frase no consta en las actas de las reuniones del Parlement, por lo que se duda que tal anécdota...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No cárcere” – Xulio Xiz

“No cárcere” – Xulio Xiz

Como membro dunha sociedade democrática, con poderes básicos, forzas executoras, leis que marcan reglas de xogo, presunta igualdade de oportunidades e plena integración en Europa, calquera de nós corre perigo de pechar os ollos e coidar que vive nun mundo camiño da...