Tía Manuela: “Agora, non chove en Galicia”. Luís Celeiro

07 Abril 2022

Os expertos din que o clima esta cambiando e explican as razóns de dito cambio. Os cidadán veno e tratan de mitigar os efectos negativos do mesmo, pero non son capaces, pesa máis a insensatez unida ao poderío dos destrutores, daqueles que centran o seu pensar no inmediato enriquecemento e que non se paran a pesar o que pode pasar mañá. A verdade está aí, o
inverno e o verán confúndense, as árbores florecen en calquera época, neva cando lle peta e xea sempre, cando non debe xear.
O sol vese pouco e vai e vén sen parar, incluso sen quentar. Pero este ano choveu e chove fóra da nosa terra, alí onde os meteorólogos mediáticos anunciaban, sempre, bo tempo. Bo tempo naqueles lugares turísticos, chova ou non chova; pero este ano, mellor en Galicia, con paisaxes fermosas, con arte, con monte e mar abrazados, con pulpo á feira, con peixe dos pescadores nosos, con viño branco ou tinto, con ledicia, con música e con palabras.
O clima é ben importante, marca o carácter e a forma de ser das xentes que o viven. Por iso temos a obriga de reivindicar unha educación que nos axude á difusión do coñecemento, para poder acadar condicións sustentables e respectuosas co medio ambiente, a biodiversidade e o adecuado desenvolvemento da sociedade e das persoas que a integran.
Os estudos e os científicos teñen moito que dicir. Outros, probablemente, teñen moito que calar. É obvio que ao cambio climático hai que retelo antes da ruína total. Hai que estudar e afondar no coñecemento das súas causas, erradicalas e dicirlles aos que mandan ou coordinan os abusos, que o mundo quere ser outra cousa. E, segundo os técnicos expertos nesta materia, pode ser outra cousa.
Ese efecto invernadoiro do que tanto se fala e tanto se descoñece, ao parecer, é un dos grandes males. Se os gases deste efecto invernadoiro seguen aumentando, e por mor deles, poida que o desxeo faga elevar a superficie dos océanos uns 30 centímetros, destruíndo a fauna e flora das zonas costeiras e modificando a vida da zona polar. “Daquela, como di a Tía Manuela, que será de nós?”
Detrás de todo isto, está vigorosa, e á vista, unha transformación económica capaz de modificar sistemas enteiros, gobernos, fronteiras, países e comunidades. Detrás ou diante de todo isto, están as razóns polas que se produce de forma continuada o cambio climático, chova ou non chova en Galicia.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.