Setecentos escolares de Ribeira asisten á proxección da premiada película “Valentina”

06 Abril 2022

Arredor de setecentos escolares de Educación Infantil e Primaria dos distintos centros educativos de Ribeira asistiron estes días (entre onte e hoxe), no Auditorio Municipal, á proxección da película Valentina, galardoada nos Premios Goya deste ano como mellor filme de animación.

O último pase, celebrado este mércores 6 de abril ao mediodía, contou coa participación da súa directora, Chelo Loureiro, para presentar esta creación audiovisual aos cativos asistentes. Con ela estiveron as edís Juana Brión e María Sampedro, que chegaron a retratarse coa autora no photocall disposto na entrada do Auditorio.

Valentina conta a historia dunha nena con síndrome de Down que persegue o soño de converterse en trapecista. Trátase da primeira película de animación protagonizada por unha persoa con esta afección.

A actividade forma parte do programa do Abril Mes dos Libros impulsado pola Concellería de Educación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.