“Sentimentos contrapostos” – José Castro

19 Abril 2022

Escribo na mañá do Domingo de Pascua e a doce resaca destes días de asueto convida a unha tregua fronte á realidade económica, coa inflación como estrela, para compartir cos lectores dous sentimentos contrapostos que brotan da realidade social.

O primeiro, alegre e emocionante, é a recuperación do ciclo vacacional da Semana Santa. Superada a pandemia “por decreto”, estes días volvemos á normalidade: ás viaxes e atascos, ao bulicio das rúas e praias, ás visitas a museos, á movida nocturna, aos cálidos encontros familiares, a departir con amigos e coñecidos.

E recuperamos os desfiles procesionais de gran vistosidade e beleza, profundamente arraigados na nosa cultura que compendian séculos de historia nunha mestura de tradición relixiosa e bulicio social. Ferrol, Viveiro ou Fisterra, por citar as localidades con celebracións máis rechamantes, volveron concitar a atención popular atraendo a curiosos e crentes que nas rúas e templos participaron nas procesións e ritos relixiosos. Bendita rutina de sempre!

Esta alegría xeral por recuperar a vella normalidade estivo embazada polo segundo sentimento, a tristeza pola guerra en Ucraína que loita por sobrevivir, mais desángrase masacrada pola atrocidade criminal das tropas rusas. Estremece ver as súas cidades e pobos esnaquizados pola metralla, cadáveres atados e mutilados nas rúas e refuxios, millóns de exiliados e desprazados dentro do país, a familias rotas de dor pola morte dos seus seres queridos, a adultos e nenos deportados a Rusia.

Detrás disto que coñecemos hai outras traxedias, como torturas brutais á poboación civil e miles de violacións de mulleres menores de idade e adultas -é aterrador o relato de Isabel Munera (El Mundo, 11.04)-, vítimas do salvaxismo do exército ruso. Unha atrocidade.

As imaxes de tanto horror mostran a perversidade humana, o xene cruel que aniñou nas entrañas dun personaxe como Putin, un autócrata sen escrúpulos, que está a aniquilar a unha nación cuxo delito é querer elixir o seu destino de vivir como un país libre.

A arremetida de Rusia é máis salvaxe estes días cunha ofensiva feroz que descarga sobre Ucraína un diluvio de lume e presaxia a devastación total. Os cidadáns, vítimas de tanta barbaridade, defenden os valores da súa nación fronte ao invasor con resistencia numantina e simbolizan a defensa do noso modelo democrático.

Por iso, en palabras do historiador alemán Heinrich Winckler, “se Occidente capitula ante Rusia e non defende a Kiev está a negarse a si mesmo e consentindo que o sátrapa Putin ameace a todo o planeta”.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.