“Sardiñas viviñas e controladas” – Antón Luaces

06 Abril 2022

Os salabardos traen prata no seu filamento dende que, o día 4 do mes que andamos, a campaña da sardiña deste ano 2022 fora aberta en augas Ibéricas pola Secretaría Xeral de Pesca (SGP) a petición do sector extractivo. Dende o luns xa se pesca sardiña, polo tanto, na Zona CIEM 8c e 9a que corresponden ao Cantábrico Noroeste, Portugal e Golfo de Cádiz. Ese mesmo luns o prezo foi de 4 euros o quilo, cantidade que se reduciu ostensiblemente ata o día de hoxe.

En base ao Plan de recuperación da sardiña, a campaña limita as capturas totais para a frota española a 14.827 toneladas, cantidade que dobra á que dispoñía a frota o pasado ano e que a organización de cerqueiros galegos ACERGA considera actualmente escasa.

Conforme o reparto realizado pola SGP, 381.074 quilogramos (381,074 toneladas) corresponden ás embarcacións de artes menores que empreguen artes do xeito; 8.668,018 toneladas (8.668.018 quilos) serán para as frotas do cerco e aquelas outras altamente selectivas coma o racú e as piobardeiras censadas no Cantábrico Noroeste, e 6.778,678 Tm. (6-778.678 quilogramos) para os barcos do Golfo de Cádiz.

A pesqueira será pechada cando se constate un consumo que indique a proximidade do esgotamento das cantidades establecidas.

Con carácter xeral -e coa excepción dos barcos que empregan o xeito- a campaña chegará á súa fin ás 0:00 horas do día 1 de novembro.

Dende o pasado 4 de abril e ata o 31 de maio, os barcos con ata 8 tripulantes, enrolados e embarcados no Cantábrico Noroeste, dispoñen de 1.200 quilos de sardiña por buque e día de pesca coa novidade de que só poderá haber 400 quilos con tamaño de entre 11 e 15 centímetros. Os buques con 9 ou máis tripulantes poderán pescar 1.500 quilos por buque e día coa salvedade, ao igual cos anteriormente citados, de que só poderán dispor de 400 quilos de sardiña dun tamaño de 11 a 15 centímetros.

A partir do día 1 de xuño o primeiro grupo de buques (de ata 8 tripulantes) disporán de 1.500 quilogramos por buque e día entre o luns e o mércores, e 1.800 quilos entre o xoves e o venres. Para os buques da segunda tanda (con 9 ou máis tripulantes) 2.000 quilos por buque e xornada de pesca entre o luns e o mércores, e 2.300 quilos entre xoves e venres. Entre estes topes só poderá haber 400 quilos de sardiñas de tamaño entre os 11 e os 15 centímetros. Estes topes poderán ser revisados en función da evolución da pesqueira. A bordo de cada barco irá un observador.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...