“Sapere aude” – Manuel Domínguez

08 Abril 2022
Queima de libros na Alemaña nazi

Sapere Aude
Kant dicía: “O ser humano é o único animal que necesita un amo para vivir”.

Segundo Nietzsche, o mundo pode dividirse en dous tipos de persoas; as que seguen os seus propios desexos e as que seguen o desexo dos demais. As primeiras son fortes e non se deixan gobernar por ninguén, as segundas son débiles e limítanse a facer o que din e fan os demais.

Certo día na Universidade USC, o profesor preguntou, quen son os que queren aprobar. E todos os alumnos e as alumnas todos, todos levantaron a man, agás un que estaba sentado na segunda fila, el destacou entre todos, o profesor asombrado preguntou: “Vostede non está aquí para aprobar?” Ao que el respondeu: “Non, eu estou aquí para adquirir coñecemento, teño fame de saber, e como consecuencia do coñecemento aprobar, aprobar é unha consecuencia do coñecemento, non aprobar polo mero feito de aprobar”.

Sapere Aude
Coñecer canto da infancia marca a vida do adulto.

É famosa a escena na que a actriz, roubando un rábano, proclama: “A Deus poño por testemuña que non poderán derrubarme. Sobrevivirei, e cando todo pase, nunca volverei pasar fame, nin eu nin ningún dos meus. Aínda que teña que mentir, roubar, mendigar ou matar, a Deus poño por testemuña que xamais volverei pasar fame!”.

Canto da nosa infancia aféctanos hoxe, canto da nosa nenez marca o noso rumbo e o das xentes que deciden a orde mundial.

Hai persoas que son como as mazás, dúas clases de mazás.

Hai a mazá que prefire a seguridade de permanecer unida á rama, evitar o medo de caer ao chan e ser golpeada, e aférrase á seguridade da árbore, e hai a mazá que asume o risco, vive o medo, sabendo que, desprendéndose da árbore, pode rodar e coñecer outras experiencias, outras vivencias, pode caer ao río e navegar, pode viaxar a outros países, coñecer outros mundos.

Pode vivir o incerto, que lle ofrece a liberdade, asumindo o prezo que tería que pagar por iso.
Evidentemente non todos poden ser Viriato, Espartaco, Juan Sebastián Elcano, ou Joanne Rowling quen escribe baixo os pseudónimos J. K. Rowling antes de ver o éxito de Harry Potter, habería que coñecer os anos previos, unha vida de sufrimento e dor.

Sera certo iso de que “somos o que somos, porque fomos o que fomos”.

Hai unha certa similitude entre Putin, e Escarlett, personaxe do que o vento levou.

Só coñecendo o interior, o mais profundo, o mais recóndito da alma humana, podemos entender o hoxe.

Só entrando na casa interior, onde non che deixan entrar, o máis íntimo, só coñecendo iso poderemos predicir o devir.

Que perigo pode ter un libro, que as ditaduras o primeiro que combaten é a cultura, o coñecemento e a queima de libros.

Queima de libros na Coruña


Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.