Ribeira recupera os seus actos tradicionais de Semana Santa

05 Abril 2022

A Semana Santa de Ribeira regresa este ano aos formatos e actividades tradicionais, entre as que se inclúen citas tan relevantes como as procesións do Paso e do Santo Enterro, ou o Sermón das 7 Palabras e Desencravo.

A axenda foi presentada este mediodía na Casa do Concello por parte do cura párroco de Santa Uxía, Alfonso Mera; a concelleira de Cultura María Sampedro; Puri Cores como presidenta da Asociación de Amas de Casa; e Carmen García en representación da Asociación Alfaia.

María Sampedro manifestou a súa ledicia por “poder programar as actividades con normalidade” e informou de que, ademais de colaborar na loxística, dende o Concello vaise volver exhibir ao aire libre a exitosa exposición creada por Lesmes Fotógrafos sobre esta festividade que se amosou o ano pasado. “Desta vez non será no adro da Igrexa senón noutro punto do centro urbano”, anunciou.

Alfonso Mera debullou o calendario de actos, que principiará ás 11.30 horas deste domingo coa Bendición de Ramos no Monumento para ir logo en procesión ata o adro da igrexa parroquial, onde ao mediodía celebrarase a Eucaristía. Entre o luns e o mércores santo terán lugar as visitas ás persoas maiores e enfermas, advertindo ao respecto que “hai xente que aínda ten medo de saír por mor do COVID”.

Xa o Xoves Santo ás 19 horas celebrarase a Santa Cea, ás 20.30 horas a Procesión do Paso e ás 22.30 a Hora Santa. No Venres Santo ás 11.30 haberá o Sermón do Encontro no adro da Igrexa; ás 19 horas a celebración da Paixón do Señor na Igrexa Parroquial; ás 20 horas o Sermón das 7 Palabras e Desencravo no adro da Igrexa; e por último ás 21 horas a Procesión do Santo Enterro. No Sábado Santo ás 22 horas terá lugar a Solemne Vixilia Pascual e no Domingo de Resurrección ás 12, a Misa Solemne de Pascua.

Puri Cores e Carmen García incidiron durante as súas intervencións na Procesión do Paso. Previamente á súa celebración, o xoves ás oito e media da tarde haberá senllos ensaios o martes e o mércores da semana que vén no Colexio O Grupo. Serán ás nove da noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...