Ribeira celebra o Día do Libro con contacontos e agasallos

18 Abril 2022

O Concello de Ribeira vai conmemorar o Día do Libro (este sábado 23 de abril) cunha sesión contacontos no salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas. Trátase de O tranvía Leonardo, de Fantoches Baj: un espectáculo de narración oral para nenas e nenos con marionetas e música no que se conta a historia do primeiro tranvía a vapor de Galicia.

Ao final da función agasallarase cun recortábel a cada asistente para que poida xogar e cantar con el na casa. Ademais, regalarase un libro a cada participante.

A xente interesada pode reservar os seus asentos enviando un correo cos nomes e apelidos dos participantes e un teléfono de contacto a normalizacion@ribeira.gal.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.