Ribeira acolleu ‘Ambar na rúa’, a feira de arte e artesanía 

09 Abril 2022
Ambar

Este sábado tivo lugar en Ribeira ‘Ambar na rúa’, unha feira de arte e artesanía na que as persoas artesás e artistas que asisten ós obradoiro ocupacionais da Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional poñerán en valor o seu traballo a través de mostras en vivo, obradoiros colaborativos e venta de produtos solidarios elaborados por elas mesmas. Esta acción cumpre a premisa da entidade de ‘Impulsar vidas independentes na comunidade’ e é a primeira actividade conmemorativa do seu 40 aniversario.
Tivo lugar de 10:00h a 15:00h no paseo do Malecón, en Ribeira. Entre os postos atoparonse: unha demostración de artesanía en vivo, un obradoiro de encadernación para os máis pequenos, un obradoiro artístico colaborativo, un posto con información de servizos e proxectos, un posto de venta de produtos solidarios e un espazo para sentarse e conversar cas persoas artistas e artesás que levan a cabo esta actividade. Tamén contaron co concerto da artista local Lau Panicanela..

Persoas con valor fan produtos con valores
En Ambar elabóranse de maneira artesanal produtos únicos que poñen en valor o potencial das persoas, axudando a cambiar a percepción que se ten da diversidade funcional.
Tamén se promove a arte e artesanía inclusiva a través de actividades colectivas que mesturan artes plásticas, escénicas e artesanía co obxectivo de visibilizar o traballo artístico e artesanal e transmitir ó público mensaxes de interese social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.