Rianxo acolle estes días dous actos de memoria histórica: unha charla con Gustavo Hervella e unha placa en Paradegua

21 Abril 2022

O concello de Rianxo vai acoller estes días varias actividades de homenaxe ás veciñas e veciños que sufriron nas súas carnes o levantamento golpista militar do 36 e a posterior ditadura. Un destes actos está previsto para este venres 22 de abril, ás 22.00 horas, no Auditorio de Rianxo. Alí, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza organiza a charla Verdugos do 36: golpistas, delatores, represores. Contarase coa presenza de Gustavo Hervella García (licenciado en Historia Contemporánea, especialista en Historia de Galicia no século XX e membro do grupo de investigación HISTAGRA). No acto tamén se nomeará a Xesús Santos Suárez como republicano de honra e contarase coa colaboración musical do Grupo Barahúnda.

Ao día seguinte, sábado 23 de abril, celebrarase outra das actividades de memoria histórica previstas. Será unha homenaxe ás vítimas do franquismo na Paradegua en incluirá o descubrimento dunha placa e a ofrenda floral, no acto intervirán Adolfo Muíños, Xesús Santos, CRMH da Barbanza, Tero Rodríguez e contará cunha actuación musical. O tributo levarase a cabo ás 12.00 horas no quilómetro 9 da estrada AC-305, no termo municipal de Rianxo. O acto está organizado pola Comisión pola Memoria Histórica da Barbanza coa colaboración do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.