Remolcado o pesqueiro “Baleiro Primero “de Ribeira

18 Abril 2022

Salvamento Marítimo, informou que esta mañá o pesqueiro “Baleiro Primero” comunicou un problema mecánico e solicitou asistencia para poder volver a porto.
O pesqueiro “Baleiro Primero”, con base en Ribeira, quedou sen temón a oito millas ao oeste da illa de Sálvora, foi remolcado a Marín da embarcación. O pesqueiro ten dez tripulantes, que se atopan ben, e ao barco funcionáballe a máquina, pero non o temón. Salvamento Marítimo informou o Centro de Coordinación de Fisterra, que asumiu a supervisión do operativo. A “Salvamar Mirach” chegou ata o pesqueiro e arrastrouno ata as proximidades da illa de Tambo, onde outros dous remolcadores do porto de Marín o trasladaron ata o mesmo onde atracou nun dos peiraos. O “Baleiro Primero” é un barco de 31 metros de eslora, construído no 2006 con 31 metros de eslora e 8 de manga e que se dedica ao arrastre no Cantábrico.

vesselfinder

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...