“Que vén o coco” – Manuel Domínguez

14 Abril 2022


Alá polos anos da democracia orgánica, léase ditadura, metíasenos o medo do comunismo e a sociedade xudeomasónica e iso era o coco, a gran alarma que se cinguía sobre nós.

Entrou o comunismo ao mando do seu eterno case presidente Santiago Carrillo e todo era un globo desinflado, unha patraña de na, na de na, a tal extremo que hoxe nin co nome PCE preséntanse ás eleccións.

Hoxe todos os medios ameázannos coa extrema dereita, coma se fose o coco, e está triunfando en Polonia, Hungría, medrando moito en Francia, alí onde goberna aumenta os seus votos até ser reelixido varias veces, supoño esas xentes non serán parvas como non o eran antes cando votaban por outros.

Non se pode ser tan imbécil e dicir cando votan por nós o pobo é sabio, cando non é ignaro.

Unha persoa medianamente intelixente de esquerda preguntaríase que facemos mal para que os cidadáns que un día nos votaron, hoxe cambien de parecer e voten á oposición, extrema dereita. Por que se demoniza á extrema dereita e non á extrema esquerda, a fin de contas os extremos tócanse.

Pártamos das doce en punto, o centro social, viran as agullas tanto a esquerda como a dereita e ás 9 e ás 3 témolas unha fronte a outra, seguen virando e ás 6 en punto ambas coinciden, así pois, se unha é un detrito, a outra é igual por estar no mesmo punto.

Sempre a esquerda soubo manexar mellor a propaganda que a dereita, pero xa somos adúlteros, perdóns adultos, para xogar ao gato e o rato.

Cando un perde pregúntense o porqué, analicen as razóns e deixen de culpar aos outros.

Ás veces un gana, non porque sexa bo senón porque o outro é peor e entre dous males mal menor.

O que esta na oposición pode prometer o ouro e o mouro, ao fin de contas non terá esa responsabilidade de ter que cumprir.

A santa compaña, metía medo e o medo desapareceu cando chego FENOSA.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.