Preto dunha vintena de artistas estarán presentes na gran cita da nosa comarca coa cultura urbana, o Rompetiño

05 Abril 2022

O Concello de Porto do Son compartiu o cartaz provisional dun máis relevantes acontecementos da cultura xuvenil e urbana de cantos se celebran na xeografía galega: o Rompetiño. A nova edición (a sexta), que supón un progresiva regreso aos formatos (e ás presencialidades) previas á crise da pandemia, vén con nomes tan destacados como os de Bárbara Lago (gran promesa española da música tecno), Yung Beef (alcume de Fernando Gálvez, cantante e produtor de trap e reguetón granadino), Hard GZ (as siglas baixo as que se agocha o rapeiro galego Pedro Ruibal, un dos artistas máis puxantes do panorama musical galego e estatal) o rapeiro Sticky M. A. (un dos artistas máis innovadores da música estatal, con máis de cen mil seareiros nas redes sociais e membro do colectivo Agorazein) ou Costa (prestixioso rapeiro gaditano e realizador audiovisual, pertencente ao colectivo Gamberros).

O Rompetiño celebrarase os días 1, 2 e 3 de xullo en Porto do Son. O cartaz, que aínda ten por confirmar varios artistas (até completar preto dunha vintena), complétase coa presenza de Dollar Selmouni, Sofía Gabanna, Dirty Suc, Kaixo, Astray, Gloosito, Erin, Ergo Pro & Ill Pekeño, Steve Lean, Lowlight, Kike Varela, Santorino e Martín Pérez.

Este ano a organización quixo poñer o foco nas creadoras e creadores da nosa terra: unha puxante escena galega que non só destaca polas promesas e os futuros nomes que van camiño de aparecer nas letras máis grandes dos carteis dos festivais, senón tamén polos nomes máis consagrados. O programa do Rompetiño, como de costume, inclúe unha marcada vertente deportiva, con exhibicións e competicións centralizadas nunha explanada portuaria de Porto do Son recentemente reformada que será sen dúbida o escenario perfecto para a ocasión.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...