Preto de 30 entidades galegas entre elas Ribeira, mellorarán os seus fondos documentais coas axudas para arquivos da Xunta

13 Abril 2022

Preto de 30 entidades galegas mellorarán os seus fondos documentais ao abeiro das axudas da Xunta destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos. Segundo a listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, 20 son entes locais e sete, entidades sen fin de lucro.

A medida representa un orzamento total de 145.000 euros, dos que 110.000 se destinan aos entes locais e 35.000 ás entidades sen fin de lucro. Realizaranse actividades de descrición dos documentos segundo a metodoloxía arquivística co obxectivo de garantir unha custodia responsable e o acceso da cidadanía.

Os entes locais beneficiarios son Abegondo, Muxía, Zas, Ordes, Rois, Ribeira, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, Valdoviño e Narón, na provincia da Coruña; A Pastoriza, A Pontenova, Cervantes, Chantada, Samos, na de Lugo; e Avión, Entrimo, Lobios, Parada de Sil e Vilariño de Conso, na de Ourense.

Canto ás entidades sen ánimo de lucro, recibirán axudas o Arcebispado de Santiago, a asociación Real Coro Toxos e Froles e a Fundación Exponav, ambas de Ferrol; a Fundación Manuel María, con sede en Lugo; as fundacións Isla Couto e Penzol, en Vigo, e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega).

Axudas de ata 6.000 euros

Todas as entidades beneficiarias deben contar cun local estable destinado a arquivo e custodiar fondos documentais constitutivos do patrimonio cultural de Galicia. As contías outorgadas van desde os 2.400 aos 6.000 euros, axuda máxima prevista e que en ningún caso pode superar o 80% do investimento total aprobado.

A axudas enmárcanse no traballo da Xunta de Galicia por mellorar e impulsar as infraestruturas culturais galegas e garantir o acceso á cultura a todos os galegos. Neste sentido, mantense unha liña constante de apoio ás entidades e aos concellos galegos que se completa con iniciativas para que os municipios se doten dos medios necesarios para executar as súas programacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.