Porto do Son contará cun novo Centro de Saúde

25 Abril 2022

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de reunirse co alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, para avanzar no proxecto de construción dun novo centro de saúde para este municipio, previsto na fase 1 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado en outubro do pasado ano pola Xunta de Galicia.
Na xuntanza, á que asistiron a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, a Directora Xeral de Recursos Económicos do Sergas, María Jesús Piñeiro e a tenente de alcalde, María Maneiro, ambas administración acordaron que a localización para a construción deste novo centro fose unha parcela lindeira ao edificio do Concello, que xa fora exposta polo goberno local a persoal técnico do Sergas nunha visita realizada o día 7 deste mesmo mes.
O alcalde expresou a súa vontade de aproveitar a construción deste centro para crear na súa contorna un espazo de uso público para esparexemento e lecer, unha proposta que ten perfecto encaixe coas necesidades da Xunta e sobre a que se acordou estudar os aspectos técnicos de cara á sinatura dun convenio de colaboración que formalice os detalles.
O conselleiro de Sanidade lembrou que, segundo o Plan aprobado, o novo centro de saúde de Porto do Son debe contar cun espazo estimado de 1.793 m2, un 66% máis que o actual centro, o que permitirá crear novos espazos como unha consulta de odontoloxía, unha consulta de farmacia, unha consulta de enfermaría pediátrica, unha sala de educación sanitaria, un despacho de coordinación ou unha segunda sala de técnicas.
Este novo centro permitirá abandonar un edificio de 28 anos sen capacidade de crecemento, con espazo reducido para a realización de técnicas ou admisión, problemas coa accesibilidade da área pediátrica e deficiencias no illamento e na climatización.

Xunta

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...