Paula Ayaso, do Colexio Galaxia, gañadora do concurso marcapáxinas da Biblioteca ribeirense

22 Abril 2022

Paula Ayaso Santos, alumna de 6º de Primaria do colexio Galaxia, resultou a gañadora da primeira edición do Concurso Escolar de Marcapáxinas organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Ribeira con motivo da celebración do Día do Libro.
A rapaza recolleu esta mañá o correspondente diploma acreditativo de mans da concelleira de Educación, Juana Brión, ademais de recibir un lote de libros.
Conforme as bases do concurso, fixéronse 500 copias da creación de Paula que se repartirán a partir de mañá na propia Biblioteca entre todos os amantes da lectura que así o desexen.
Exposición
Paralelamente, dende hoxe e ao longo do mes se vai poder contemplar na propia instalación da biblioteca unha exposición con todos os deseños participantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.