O Concello de Outes presentou o cartaz das festas do Pampallín 2022, que se celebran o vindeiro 30 de abril, sábado, na praza de Galicia. O programa de actividades arrinca ás 17.00 horas, coa vertente máis infantil e xuvenil das celebracións, incluíndo inchábeis e xogos tradicionais. A partir das 23.00 horas comezará un concerto triplo (con vertente gastronómica achegada polas polbeiras) a cargo de Familia Caamagno, Disco CDC e a ruada de Brassica Rapa. A festa do Pampallín de Outes, para quen non o saiba, é unha celebración tradicional e histórica co-impulsada dende o Concello e a través da cal festéxase o ciclo da primavera e a purificación propiciada polo lume (representado polos fachos de palla que dende tempos inmemoriais empregaban os labregos para ver de noite).
