Os músicos Manuel e Carme Tubío homenaxean a Brea Segade o vindeiro 7 de maio en Rianxo

29 Abril 2022

O Auditorio de Rianxo vai acoller este mes de maio un Concerto Homenaxe ao escritor local Brea Segade. Será o día 7 a partir das 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes. O tributo musical e literario virá da man de Manuel Tubío (composicións, guitarra e voz) e Carme Tubío (violonchelo).

O concerto consiste na estrea de 10 poemas musicados por Manuel Tubío e presentados nun pequeno formato de guitarra e voz con acompañamento de violonchelo para contribuír, en palabras dos dous músicos, “á recuperación e difusión da obra do poeta Xosé María Brea Segade (1904-1934)”.

O Concello engade que o núcleo do programa é unha escolma de sete poemas do propio Brea, que están precedidos por outros tres de escritores que tiveron algún tipo de vínculo co homenaxeado: os tamén rianxeiros Rafael Dieste, Faustino Rey Romero, e Xesús Santos. Ademais da interpretación musical, intervirán Xesús Santos e Xosé Ramón Brea con comentarios sobre a vida e obra do autor, e haberá unha proxección de fotografías do lalinense Ales Piñeiro.

A entrada é gratuíta e a reserva de localidades cómpre realizala a través da web municipal.

Outros artigos

O cómico Luis Álvaro recala en Ribeira o 7 de febreiro

O prestixioso cómico Luis Álvaro incluíu Ribeira na súa exitosa xira polo territorio estatal. A cita en Santa Uxía será o vindeiro 7 de febreiro, no Auditorio Municipal, grazas ao acordo de colaboración entre o Concello e a promotora local de eventos culturais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión