Os Heredeiros comezan nova xira para celebrar o seu trinta aniversario

01 Abril 2022

Os Heredeiros da Crus, unha das bandas máis célebres do panorama barbanzán, galego e estatal, están estes días mergullados na celebración do seu trinta aniversario: tres décadas recordándonos que se pode facer rock en galego e encher concertos sen baixar nin un centímetro o listón do nervio rockeiro. De feito o lema do programa de celebracións alude precisamente ao este estado de gracia mantido durante todos estes estes anos: Os Heredeiros da Crus celebran o seu trinta aniversario máis fortes ca nunca. Dentro desta axenda, a banda presentou este último día de marzo, nas súas redes sociais, a xira 30 aniversario desvelando as tres primeiras citas do tour. As vilas da Guarda, Redondela e Forcarei recibirán a Heredeiros da Crus grazas ao circuíto Musigal auspiciado pola Deputación de Pontevedra.

Esta xira coincide cunha volta á normalidade despois da paréntese da COVID, un treito de tempo de dous anos que lles serviu para experimentar con formatos alternativos, “propios do momento pandémico vivido ata o de agora, pero non tanto da natureza da banda”.

Os do Barbanza cualifican a súa experiencia “angústica” como enriquecedora, pero tamén recoñecen ser “moi conscientes” de que o seu forte é o formato eléctrico e veñen dispostos a facer vibrar ao público máis esixente.

Cun disco nas costas que apenas tivo ocasión de ser ensinado, Derretidos (dotbeat-2019), será o gran protagonista dos concertos desta xira, na que farán un repaso por todos os grandes éxitos destes trinta anos. As vindeiras datas traen, segundo advirten, moitas sorpresas. Heredeiros promete “a súa xira máis memorábel e forte das acontecidas ata o de agora”.

Outros artigos

Arrastreiro de Ribeira investigado por captura de golfiños

A Garda Civil denuncia ao patrón tras a difusión de vídeos en redes sociais que mostran a captura de cetáceos en Galicia. Segundo recolle a web costaoeste.gal, a denuncia contra o patrón do arrastreiro de Ribeira xerou gran preocupación no sector pesqueiro galego e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

Non nos preocupa demasiado o ver, cada día, a persoas deambulando polas rúas ou durmindo nalgún caixeiro ou portal dun edificio. Son persoas sen fogar, xeralmente con algún tipo de dependencia e que necesitan axuda, aínda que non a pidan porque carecen da estabilidade...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.