O servizo Liña Verde permitiu solucionar en Boiro máis de 1.630 incidencias

08 Abril 2022

O Concello de Boiro fixo balance da actividade xerada a nivel local polo servizo Liña Verde, unha aplicación móbil a disposición dos municipios que permite mellorar o tempo de resposta e a operatividade ante todo tipo de avisos da cidadanía e mellorar a xestión das entidades locais. “A posta en funcionamento deste servizo permitiu facilitar á veciñanza a comunicación co Concello así como a resposta da administración para a súa resolución”, sinalaron fontes do Consistorio, engadindo que dende que comezou a empregarse este servizo puido darse solución a máis de 1.630 incidencias detectadas polos veciños e veciñas.

Aquelas máis notificadas son as relativas ao alumeado público; seguidas das de medio urbano, beirarrúas e mobiliario; auga e saneamento; ou limpeza viaria e recollida de lixo. Nos dous primeiros meses do ano 2022 presentáronse un total de 521 incidencias, o que supón unha media mensual de 260 notificacións.

“A incorporación deste servizo de xestión de incidencias, ademais e ter unha comunicación máis rápida coa cidadanía, permítenos tamén detectar cales son aqueles departamentos que teñen un maior volume de traballo e facer un reforzo do servizo para que os recursos estean correctamente distribuídos en función das necesidades”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero, quen salientou a implicación da veciñanza neste servizo, que fixo posíbel coñecer as necesidades detectadas e darlles “solución máis axiña”.

Para empregar o servizo de xestión de incidencias Liña Verde so é preciso descargar de forma gratuíta a aplicación nun dispositivo móbil e rexistrar unha nova incidencia, indicando o lugar ou as coordenadas e incluso incorporar unha foto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.