O sector do mexillón criticou este mércores o que consideran ” inacción” da Xunta e anunciou que planea unha nova mobilización en Santiago de Compostela ao non ver “avances” na apertura de máis zonas de recollida.
Nun comunicado, a agrupación industrial do mexillón galego lembra que hai 20 días a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, comprometeuse a abrir máis zonas para que os mariscadores de batea puidesen seguir recollendo mexillón, “tal e como leva facendo desde hai 70 anos”.
Ante o que consideran incumprimento da palabra da conselleira e observando que as bateas seguen sen poder contar cun mexillón suficiente en cantidade e calidade, o sector planea unha nova mobilización na capital galega, que se fará coincidir coa toma de posesión do novo presidente da Xunta.

.