O PSOE de Noia pide frear o deterioro na contorna de A Pedrachán

19 Abril 2022

O Grupo Municipal Socialista de Noia vén de rexistrar unha moción para o seu debate no pleno ordinario de abril na que se urxe á mellora e rehabilitación do entorno de A Pedrachán. Indican os socialistas que “actualmente, logo de varios anos sen ter ningún tipo de mantemento, existen varios elementos que están deteriorados e precisan de melloras ou rehabilitacións”.

Segundo fan saber, os accesos a iluminación atópanse danados, con luminarias subterráneas rotas que “son perigosas polo risco de caída que supón o seu estado actual”, indican, engadindo que tamén hai “paneis totalmente esnaquizados”. A isto súmanse as eivas do lavadoiro, que, segundo explican, ten os elementos para a recollida de augas moi deteriorados.

O voceiro dos socialistas Roberto Iglesias sinala que “o entorno da Pedrachán foi obxecto dun proceso de recuperación no ano 2009, baixo o mandato do alcalde socialista Rafael García Guerrero, que conseguiu converter o lugar nunha das contornas de Noia máis visitadas pola veciñanza e polos turistas, pola beleza e singularidade dos elementos que alí están situados, entre os que se atopan os muíños, o lavadoiro ou as canalizacións de auga, entre outros”.

Para “recuperar a contorna o antes posíbel” e “frear o deterioro”, o Grupo Socialista considera “urxente” que se habilite unha partida nos vindeiros orzamentos para esta zona, para a rehabilitación dos elementos en mal estado e a mellora da iluminación e acceso para garantir a seguridade dos mesmos.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.