O Programa de Maiores da USC achega en maio media ducia de actividades en Rianxo

27 Abril 2022

O Programa Universitario de Maiores da Universidade de Santiago (IV Ciclo) achégase ao concello de Rianxo a través do seu proxecto Camiños de Coñecemento e Experiencia. Na vila rianxeira a USC ten preparados este mes de maio seis seminarios de formación universitaria para persoas de máis de 50 anos. Impartiranse no Centro Sociocultural do Auditorio Municipal.

A continuación damos conta do programa:

-Luns 9 de maio, en horario de 16.30-18.00

Seminario: Simboloxía das cores. Impartido por Nerea Varela Castro. Colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

-Martes 10 de maio, en horario de 16.30-18.00

Seminario: Os exvotos nos santuarios de Galicia. Impartido por Anxo Rodríguez Lemos. Doutor en Historia. Profesor do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

-Mércores 11 de maio, en horario de 16.30-18.00

Sesión práctica: saída polos arredores. A experiencia virá da man de Nerea Varela Castro, colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

-Xoves 12 de maio, en horario de 16.30-18.00

Sesión práctica: aula interactiva sobre exvotos nos santuarios de Galicia. Imparte Anxo Rodríguez Lemos. Doutor en Historia e colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

-Martes 24 de maio en horario de 16.30-18.00

Seminario: O sono e os seus trastornos. Impartirá os contidos Mónica Antelo Martelo, doutora en Psicoloxía. Profesora colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

-Mércores 25 de maio, en horario de 16.30-18.00

Sesión práctica: técnicas para conciliar o sono, por Mónica Antelo Martelo, doutora. en Psicoloxía e profesora colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

Máis información e inscricións no teléfono 981 100 688 ou no correo-e cultura@concelloderianxo.gal ou tamén presencialmente no Auditorio Municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...