O monumento anti-franquista do Confurco en Lousame centra este 14 de abril os actos do Día da República na comarca

13 Abril 2022

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza vai celebrar este 14 de abril, Día da República, no monte Confurco, en Lousame, onde se atopa o monumento impulsado pola entidade para lembrar aos fusilados e represaliados da nosa comarca durante o alzamento militar do 36 e a posterior ditadura franquista. Será, en palabras da comisión, un acto sinxelo que servirá para lembrar os valores republicanos e dignificar ás vítimas da represión franquista. A cita será a partir das 18.00 horas no dito monumento. O programa inclúe unha ofrenda floral e música a cargo da gaiteira Betty Pillado. Tamén haberá unha lectura de poemas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.