O Ministerio de Ciencia convida ao Concello de Ribeira a moderar unha mesa de debate na Rede Innpulso

12 Abril 2022

O Concello de Ribeira foi convidado polo Ministerio de Ciencia e Innovación a moderar unha mesa de debate no marco do último Encontro da Rede Innpulso (Rede Española de Cidades de Ciencia e Innovación) celebrado a semana pasada na localidade madrileña de Alcalá de Henares.

En concreto, o evento en cuestión foi o III Encontro de Secretarios e Interventores da Rede Innpulso, no que un técnico municipal ribeirense (Jorge González Mariño, adxunto ao interventor do Concello e Xefe da Área de Planificación, Orzamentos e Fondos Europeos) encargouse de moderar a mesa de debate titulada El uso estratégico de la contratación pública para fomentar la innovación, na que participaron representantes dos concellos de Ermua, Onda e Segovia.

Esta mesa tivo por obxecto expoñer as motivacións que poden impulsar aos Concellos a fomentar a Compra Pública Innovadora (CIPI) e poñer en valor a aposta polo coñecemento e a innovación como impulsores do crecemento das cidades.

Dende o Consistorio de Ribeira lembran que unha das actuacións en marcha dentro da EDUSI Máis Ribeira Atlántica (estratexia de desenvolvemento urbano co-financiada con fondos europeos FEDER) prevé a utilización da CPI para implementar solucións eficientes nalgúns pasos de peóns do municipio para mellorar a súa seguridade.

Dentro do programa do Encontro houbo unha segunda mesa de debate sobre o papel de secretarios e interventores na CPI das administracións locais que estivo moderara pola subdirectora xeral do Fomento da Innovación do Ministerio de Ciencia e Innovación, Amanda Gil.

Cómpre lembrar que o Concello de Ribeira forma parte dende o ano 2014 da Rede Innpulso, que está destinada a potenciar a colaboración dos concellos integrantes (63 a día de hoxe) para avanzar na definición e aplicación de políticas locais innovadoras.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...