O material promocional do Camiño A Orixe esténdese en Galicia e chega xa ao estranxeiro

20 Abril 2022

O material promocional (merchandising) do Camiño de Santiago na nosa comarca (A Orixe) continúa na súa gráfica ascendente e segundo informou o Concello de Ribeira sumou novos puntos de venda na xeografía galega (con novos establecementos onde se pode adquirir) e mesmo noutros países. Así o fixeron saber o alcalde Manuel Ruiz e máis Puri Muñiz e Olga Blázquez, as responsábeis da empresa ribeirense Laguerzza (encargada de confeccionar os artigos integrantes do merchandising a partir dos deseños do pintor aguiñense Manuel Ayaso).

Segundo concretaron, amais do Mercado da Pedra en Vigo (primeiro punto de venta que se puxo en marcha, descontando a propia tenda de Laguerzza na avenida ribeirense de Rosalía de Castro), tamén se pode adquirir en varios establecementos da capital autonómica: no Seminario Maior, nunha tenda da Caldeirería (Mixa) e no restaurante Benboa, local que tamén o ten a disposición nas súas sedes de Corrubedo e A Coruña. Así mesmo, Puri e Olga fixeron saber que Laguerzza chegou a un acordo cun negocio do Cebreiro para poñer este material á venta tamén nesta localidade lucense, un punto de paso fundamental (e de encontro) dos fluxos de peregrinos que entran na xeografía galega.

Por certo que o material promocional de A Orixe tamén está a incrementar a súa presenza alén no ámbito internacional, xa que se atopa a disposición nas Casas de Galicia situadas en países como Estados Unidos, Suíza ou Alemaña.

Amais, o Concello de Ribeira contribuirá a súa divulgación utilizándoo como obsequio institucional.

Para rematar, o rexedor e as responsábeis de Laguerzza informaron de que a empresa de Ribeira xa elaborou un catálogo con todos os artigos que forman parte do merchandising de A Orixe, tales como gorras, polos, suadoiros, cortaventos, bolsas de tea, mochilas ou cuncas, todo en distintas cores.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...