O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño expón o seu labor no IES Felix Muriel de Rianxo

30 Abril 2022

A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), Covadonga Salgado, impartiu esta semana unha charla no IES Félix Muriel de Rianxo na que lle explicou aos alumnos de Bacharelato do centro o importante labor que desenvolve o organismo dependente da Consellería do Mar para o control do medio mariño. A responsable do Intecmar lembrou na súa exposición que os profesionais do centro adoitan facer arredor de 90.000 análises ao ano de distintos tipos co obxectivo de garantir o cumprimento das normas relativas a aspectos como a seguridade alimentaria e a sanidade animal dos moluscos bivalvos.
Esta conferencia enmárcase no proxecto Mytilus, promovido pola Asociación Mexilloeira Rianxeira ao abeiro do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Arousa, para difundir entre o alumnado de Bacharelato do IES Félix Muriel as condicións nas que se produce o cultivo de mexillón en Galicia así como todas as actividades que teñen relación con el. Covadonga Salgado explicou o traballo do Intecmar en materia de seguimento, control e investigación da calidade ambiental das augas costeiras de Galicia, un labor que incide en múltiples eidos como as condicións oceanográficas, fitoplancto,
biotoxinas mariñas, microbioloxía, patoloxía de moluscos, contaminación química, oceanografía operacional e loita contra a contaminación mariña accidental.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.