O CPI Eusebio Lorenzo Baleirón estará na final do Club de Debate

08 Abril 2022

O CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) vai participar na final do Club de Debate logo de ter obtido a terceira mellor puntuación na primeira fase celebrada este martes 5 de abril en Negreira. O equipo do centro estivo arroupado polo alcalde de Dodro, Xabier Castro, o concelleiro de Educación, Abel Tarrío, o de Cultura, Xoán Xosé Vicente, as representantes da ANPA Tania Casal e Nuria Eiras e tamén por familias que quixeron apoiar ó alumnado do CPI e as mestras Ana Ledo e Margarita González. A final será o vindeiro 6 de maio en Pontevedra.

O Club de Debate é un proxecto para dinamización lingüística entre a mocidade organizado desde varios concellos. Ten como finalidades concretas e específicas “contribuír ao uso oral do galego entre a mocidade” e “ofrecer recursos para a práctica de habilidades comunicativas e de relación interpersoal á vez que promove a reflexión e o intercambio de opinións”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...