O Concello de Noia mellora a cuberta e os muros de Santa María A Nova

16 Abril 2022

A semana pasada os operarios do servizo de obras do Concello de Noia levaron a cabo traballos diversos de limpeza no tellado dun dos grandes tesouros patrimoniais da vila: a Igrexa de Santa Maria A Nova.

Amais de limpar de herbas e outros elementos a cuberta, os operarios procederon a renovar varios elementos danados no teito do templo (por exemplo tellas e estruturas de madeira) e do propio muro do cemiterio, que presentaba desperfectos en varios dos seus recantos pola acción dos elementos climáticos, principalmente.

A Igrexa de Santa María a Nova é un dos monumentos relixiosos e históricos máis sobranceiros da vila de Noia. Trátase dunha igrexa construída en 1327 sobre outra máis antiga (do século XII), no centro do cemiterio histórico da cidade, e posúe unha mostra singular de laudas sepulcrais que datan dos séculos XIV ó XIX. Foi declarada monumento histórico artístico en 1973, estando actualmente dedicada a Museo (fonte: Galipedia).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...