O Concello de Boiro renova un treito da rede de auga para consumo entre a capital do municipio e Cabo de Cruz

21 Abril 2022

O Concello de Boiro informou do inicio dos traballos para renovar un treito de auga para consumo na estrada de Boiro a Cabo de Cruz, ente a intersección coa estrada Curvera e ata Subuqueiro. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar da actuación para coñecer o estado de execución das obras.

Con esta actuación estase a renovar un tramo da rede municipal de auga de 540 metros de lonxitude que na actualidade “atópase nun estado de obsolescencia funcional”, sinalaron dende o Concello, engadindo que a rede de fibrocemento existente require un unha media de 4 reparacións anuais polo que necesita ser renovada para garantir un correcto subministro de auga para o consumo dun total de 45 inmóbel e 82 vivendas que se ven afectadas.

As obras contemplan a instalación de tubaxes en polietileno e a execución de arquetas de corte xeral, amais de 45 arquetas de acometida domiciliaria, así como a reposición do pavimento. O presuposto da actuación, que se está a realizar mediante fondos propios, é de 450.759,08 euros.

Estas actuacións anteceden ás obras de pavimentado que a Deputación da Coruña vai levar a cabo para o pavimentado dos catro quilómetros da DP-1107 comprendidos entre a Avenida da Constitución e Subuqueiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.