O Concello de Boiro inaugura o luns unha mostra de ilustración realizada polo alumnado local

01 Abril 2022

A Concellería de Cultura do Concello de Boiro vai inaugurar unha mostra itinerante sobre ilustración o vindeiro luns día 4 ás 19.00 horas na Casa da Cultura de Boiro. As pezas que se expoñen foron realizadas polos nenos e nenas dos centos de ensino do municipio ao abeiro duns obradoiros de ilustración impartidos por Rodrigo Chao.

O obxectivo destas actividades, que se impartiron en todos os centros de Primaria e Secundaria do municipio, foi dar a coñecer ao alumnado o proceso creativo na elaboración dunha ilustración e incentivar o interese na lectura e asistencia ás bibliotecas. “Con eles os nenos e nenas puideron aprender a importancia do bosquexo, técnicas sinxelas de debuxo, composición, acabados…”, informou o Concello de Boiro, salientando que os traballos que agora se van expoñer son interpretacións artísticas a través de ilustracións do alumnado baseadas en libros.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, asistirá o vindeiro luns ás 19.00 horas á inauguración da exposición que estará durante dúas semanas na Casa da Cultura de Boiro e que será itinerante polos demais centos municipais.

A concelleira María Outeiral

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.