O Concello de Boiro abre a selección para contratar cinco auxiliares de Policía Local

12 Abril 2022

O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para a contratación de cinco auxiliares de Policía Local na modalidade de persoal laboral temporal por un período de seis meses. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases e o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 28 de abril.

O sistema de acceso será mediante oposición libre, que constará dunhas probas físicas, unha proba de coñecementos mediante un exame tipo test e unha proba de coñecementos de lingua galega.

O Concello explica que as persoas candidatas deben cumprir unha serie de requisitos para o acceso ao emprego público como posuír as capacidades funcionais para o desempeño das funcións ou non ter sido separadas do servizo de ningunha administración pública.

Así mesmo, as persoas aspirantes deben estar en posesión do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente; ter unha estatura mínima de 1’65 para os homes e 1’60 para as mulleres e certificado médico de que reúne as condicións físicas e sanitarias para o desenvolvemento das probas físicas.

O BOP outorga un prazo de 10 días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases, para a presentación de solicitudes. Toda a información sobre o proceso está a disposición das persoas interesadas na web municipal ou na portería da Casa Consistorial de Boiro. A documentación debe presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ou mediante a sede electrónica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.