O BNG recollerá sinaturas o sábado en Ribeira para mellorar o transporte público na Barbanza

22 Abril 2022

O BNG da Barbanza vai recoller sinaturas para mellorar o transporte público na nosa contorna. Farao en Ribeira, este sábado, co obxectivo de mostrar ao Goberno galego a necesidade de resolver os problemas que rexistra este transporte na comarca. Os nacionalistas argumentan que continuarán rexistrando iniciativas e traballando para “atallar esta reiterada demanda social”. Segundo informan, “o malestar social por mor dos problemas do transporte público son palpábeis e malia que se aprobaron iniciativas do BNG para tratar de resolver estas eivas, os responsábeis da Xunta seguen mirando para outro lado”.

O responsábel do BNG na Barbanza, Luís Pérez Barral, explicou que “o transporte público é un servizo esencial para garantir que as persoas poidan desprazarse no territorio, poidan acudir ao traballo ou ao médico e por iso debe funcionar correctamente”. A este respecto, Pérez Barral asegurou o seguinte: “Imos tomar cartas no asunto porque non están dispostos a que as persoas usuarias sigan padecendo atrasos, buses masificados aos que non poden subir, autobuses que non pasan ou unha falta de información xeneralizada, entre outros problemas”.

Pérez cre que “estamos ante un PP e unha conselleira de Infraestruturas e Mobilidade que seguen coa súa política de mirar para outro lado mentres a poboación e o propio persoal das compañía se queixan do mal servizo que se está a prestar”.

O responsábel do BNG explicou que “tanto as persoas usuarias como o propio persoal da empresa de transporte nos teñen trasladado que os autobuses se atrasan ou mesmo non chegan a pasar nos horarios indicados por Monbus porque o tempo estipulado para facer o servizo é totalmente insuficiente”. Segundo fixo saber, hai dous exemplos que ilustran esta problemática: o traxecto Ribeira-Noia (que “segundo o horario establecido por Monbús, faise en 45 minutos, algo imposíbel para un autobús”) ou o traxecto Aguiño-A Pobra do Caramiñal (“que sofre considerábeis atrasos nas horas punta, dado o maior volume de vehículos que hai na estrada”, dixo”).

O BNG, reflectindo queixas da cidadanía, tamén foi crítico coa información xeneralizada sobre as rutas e paradas (que é “insuficiente”), coas marquesiñas (que “carecen de horarios”) e coa caseta de información da compañía (que “nunca ten persoal de atención ao público”). Segundo Pérez Barral, “outro dos problemas importantes é a retirada de todos os autocares urbanos que prestaban servizo porque os actuais, máis altos e con máis escaleiras, está provocando serios inconvenientes a persoas maiores, persoas que presentan algún grao de discapacidade física ou mesmo a calquera persoa cun carro de crianza ou de compra”.

Recollida de sinaturas

Por todos estes motivos o BNG vai recoller sinaturas en Ribeira na rúa peonil entre as 11:30 e as 13:00 horas para “esixir que os responsábeis políticos da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade resolvan os problemas de maneira inmediata, melloren a accesibilidade dos autocares, garantan a atención presencial ao público así como que se dea cumprimento dos horarios para evitar prexuízos ás persoas usuarias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...