O BNG logra o acordo do Parlamento para que a Xunta complete con axudas propias as do Estado para o sector pesqueiro

26 Abril 2022

O BNG acadou o acordo do Pleno do Parlamento para que a Xunta complemente con axudas propias as aprobadas polo Estado para o sector pesqueiro para minimizar as consecuencias derivadas da crise actual, así como que axilice de maneira urxente a exoneración das taxas portuarias por servizos administrativos, profesionais e por utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público galego mentres se manteña a excepción da situación inflacionista.    

De igual xeito, a iniciativa impulsada pola portavoz nacionalista de Pesca, Rosana Pérez, insta ao Executivo galego a demandar do central un paquete de medidas adicionais, entre elas: a rebaixa do IVE dos produtos do mar ao tipo superreducido do 4% de forma permanente, como indica a OMS; a exención temporal mentres se manteña a excepcionalidade da situación actual tanto das cotizacións á Seguridade Social como do pago de todas as taxas portuarias que se aplican ás distintas frotas nos portos do Estado localizados en Galiza, así como topar o combustible pesqueiro, tal e como pide o sector, a 40 céntimos o litro.   

Así mesmo, en virtude deste acordo parlamentario a Xunta reclamará ao Estado a paralización sine die de todas as normativas europeas e internacionais que se están poñendo ou se pretenden poñer en marcha e que afectan negativamente ao sector, como a revisión da Directiva de Tributación da Enerxía e o paquete de medidas denominado Fit-For 55, o Programa de Acción Medioambiental da UE para 2030 e o probable acordo da OMC sobre a eliminación dos subsidios pesqueiros.

Pérez reprochou ao Goberno galego que aínda non rematara a tramitación da compensación das taxas que cobra Portos de Galiza, “anunciada ata a saciedade”, e que esta fose a única medida xunto á “intensificación” da campaña Galiza sabe amar, en apoio á frota galega, e a “axilización” do pago das axudas que xa están concedidas. “Un paquete de medidas, de tres medidas!, que non son máis que actuacións que deberan ser ordinarias, pero que o Goberno galego quere vender como extraordinarias”, reprendeu.

A deputada nacionalista reprobou que a Xunta busque sempre a confrontación co obxectivo de exercer de oposición permanente ao Goberno do Estado no marco da súa loita partidista e que “negue axudas propias ao sector mentres esixe axudas de emerxencia porque a situación é moi grave”.

Segundo recalcou, a única gran medida tomada ata o momento polo Executivo do PP foi “a de reclamar, urxir, apremiar, demandar, instar a outros a que actúen porque ‘con nós non vai’” e, por iso, concluíu defendendo a idoneidade das medidas acordadas na sesión plenaria de hoxe. “Vostedes recoñecen que a situación é límite, que aínda pode empeorar, mais non só non tomaron medidas efectivas, senón que non se están adiantando, non están prevendo que a cousa pode ir a peor”, afirmou para rematar advertindo que “hai moito tempo, moito antes de febreiro, que se deberan ter tomado medidas”. 

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.