O BNG critica a postura do PP ante a súa petición de axudas para o sector pesqueiro

07 Abril 2022

A portavoz de Pesca do BNG, Rosana Pérez criticou este xoves 7 de abril a posición do Goberno galego ante as “graves dificultades” do sector pesqueiro polas consecuencias da suba de prezos e a inflación. A parlamentaria da Pobra propuxo unha batería de iniciativas encamiñadas a “manter o emprego e a actividade”.

A deputada do BNG cualificou de “insuficientes as medidas” do Goberno do Estado e criticou á Xunta por “non ter reaccionado” e “seguir sen reaccionar” ante unha situación que, segundo dixo, “pon na picota a un sector que contribúe de maneira esencial ao PIB e o emprego de miles de persoas de maneira directa e indirecta”.

Na súa intervención, a nacionalista insistiu nas dificultades económicas do sector e considerou que as medidas do Goberno galego limítanse a “solicitar medidas” do Executivo español. En opinión de Pérez, “se o Goberno do Estado durante un ano mirou para outro lado, a Xunta empezou a actuar o 13 de marzo”. Fíxoo ademais, engadiu, “ignorando completamente a problemática do sector pesqueiro galego” e “sendo incapaz de axilizar as axudas concedidas”.

A deputada lamentou que o partido maioritario vetara o conxunto de medidas entres as que destacou: demandar ao Goberno español a “rebaixa dos produtos do mar ao tipo superreducido do 4% de forma permanente como recomenda a OMS, reducir a imposición sobre hidrocarburos até que se estabilice a inflación non entorno do 2%, aprobar axudas temporais polo incremento dos custes de produción para asegurar a viabilidade do sector, paralizar as reformas europeas e estatais dirixidas a eliminar as bonificacións do combustible pesqueiro, axudas polos amarres da flota e bonificar as taxas portuarias por servizos administrativos, profesionais e por utilización privativa, mentres se manteña a excepcionalidade da actual situación”.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.