O BNG acada un acordo no Parlamento para esixir a Monbus  cumprir as condicións do transporte público na comarca do Barbanza

28 Abril 2022

O BNG propuxo no Parlamento galego avaliar os múltiples e importantes problemas que se están a rexistrar no transporte público da comarca do Barbanza e adoptar todas as medidas oportunas que
garantan o cumprimento das condicións do contrato de  Monbus coa Xunta.

A proposición non de lei, defendida pola deputada, Rosana Pérez, foi aprobada por unanimidade e incluía entre os seus puntos, interpoñer as sancións oportunas polo incumprimento das irregularidades detectadas no servizo de transporte  e reclamar  a Monbus  que mellore a información ao público cos horarios en todas as marquesiñas en paradas nas distintas localidades.

O acordo insta á Xunta a trasladar todos os problemas detectados á empresa  Monbus e  obrigala a  cumprir cos “horarios e  condicións do contrato, garantir a atención ao público de maneira  presencial e resolver todos os problemas que se lle trasladen, así como os rexistrados nos concellos da Mancomunidade Arousa Norte”.

Na súa intervención, a nacionalista tamén se referiu ás dificultades das persoas usuarias do transporte público á hora de utilizar o servizo na súa conexión co Santiago e puxo como exemplo as liñas entre Ribeira-Santiago con unha única parada final na estación intermodal de Compostela mentres que a conexión de Noia-Santiago conta con dúas paradas, Fontiñas e San Caetano. A deputada explicou que a parada na intermodal ocasiona problemas ás usuarias polo que hai algunhas que se trasladan dende Boiro a Noia para optar as dúas paradas en Santiago.

Rosana Pérez afirmou que non estamos ante un caso puntual e denunciou que os sábados non existe liña de transporte público entre Ribeira e Santiago. Por outro lado, os traballadores e traballadoras e estudantes da comarca son os máis prexudicados polas deficiencias no transporte.

A xuízo da deputada, o acordo unánime acadado na Comisión de Ordenación Territorial e Servizos é “un primeiro paso” para tentar resolver as eivas do transporte público na comarca do Barbanza que beneficiará o traslado das persoas trababalladoras e estudantes e contribuirá a mellorar a conciliación.

 Rosana Pérez tamén pediu seguir un criterio que non discrimine a bonificación do transporte público en función da comarca ou provincia.

Finalmente, a deputada do BNG apelou a dotar das mellores condicións o transporte público para acadar unha real vertebración territorial e como alternativa ao uso do automóbil privado.

Outros artigos

A exposición sobre autismo de Amicos desembarca nas rúas de Rianxo

A campaña impulsada pola asociación da nosa comarca Asociación Amicos para sensibilizar e informar á veciñanza do Barbanza sobre o autismo continúa o seu percorrido polos nosos concellos. Faino cunha exposición divulgativa que comezou a súa viaxe o 2 de abril con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...