“Meu Deus, a árbore morreu” – Manuel Domínguez

04 Abril 2022

Meu Deus!, a árbore morreu.

Era unha vella maceira florida, onde pardais da cidade adoitaban aniñar, un parque onde xogaban os nenos, alguén nunha das súas pólas instalara unha randeeira.

Non lle molestaba o peso do neno ao arrandear, máis ben lle agradaba, agradáballe escoitar o balbordo feliz de nenos e nenas xogando no parque.

En días de sol, temperatura media de verán en Kiev é 24 graos, algúns nenos púñanse baixo el protexidos pola sombra gozando das mazás que el lles regalaba.

Baixo el, as súas raíces deran nova vida, unha nova esperanza, que truncou unha bomba incendiaria, unha bomba que esparexía lume, queimaba a esperanza que nacía.

Outra bomba próxima deixouna orfa de mazás, todas espalladas polo chan algunhas feitas cachizas, minúsculas partículas case invisíbeis.

Outra bomba rompeu parte das súas pólas, aquela randeeira onde os nenos xogaban xa era inexistente, e ela alegrábase, dicía, así ao non haber randeeira, nin mazás, os nenos non se achegarán a min e estarán a salvo das bombas.

Mais bombas caen sobre o parque, se non fose polo son mortal das bombas habería un perfecto mutismo, poderíase escoitar o silencio, non entendo aos humanos, bombardear un parque de nenos, matar por matar sen atopar un sentido, matar fronte afronte a un descoñecido, onde chega a estupidez humana.

Agora xa non son unha árbore son un tronco que esta desfalecendo, lembro os días de primavera e gloria cando o bulicio dos nenos enchíame de pletórica felicidade, as avoas correndo tras eles, agora corren escapando da morte, dunha morte sen sentido.

Ignaros fedorentos xustifican a razón da sen razón.

Ares fillo de Zeus e Hera, non entende tamaña brutalidade, tanto odio, que xerase rancor, e eu unha maceira morrendo se non se detén esta guerra.

Xa non haberá mazás, non haberá randeeira, onde xogasen os nenos pregúntome , talvez non haxa nenos que veñan ao parque nin á escola, talvez Deus non o queira sexa unha terra orfa de vida.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...