O mércores seguiremos con ventos de compoñente norte, que deixarán unha xornada de ceos alternando nubes e claros. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, con xeadas no interior, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará de compoñente norte, de intensidade moderada, máis frouxo á noite.

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e á tarde e variable á noite, forza 3 a 5 á mañá, 4 a 6 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá, forte marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 1.5 a 2 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 01:00 | 0.5 m |
Preamar | 07:15 | 3.7 m |
Baixamar | 13:18 | 0.7 m |
Preamar | 19:36 | 3.7 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 00:50 | 0.5 m |
Preamar | 07:07 | 3.6 m |
Baixamar | 13:11 | 0.7 m |
Preamar | 19:28 | 3.6 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 00:55 | 0.5 m |
Preamar | 07:11 | 3.6 m |
Baixamar | 13:15 | 0.7 m |
Preamar | 19:32 | 3.6 m |
ámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)