Mar facilita con máis de 330.000 euros a operatividade das confrarías

16 Abril 2022

A Consellería do Mar confirmou que colabora “un ano máis” coas catro federacións de confrarías de pescadores de Galicia -a galega e as provinciais da Coruña, Lugo e Pontevedra- poñendo á súa disposición 332.000 euros en axudas para “facer fronte aos gastos correntes que se produzan no ano 2022 derivados do seu funcionamento”.

As catro federacións, que agrupan ás 63 confrarías da comunidade autónoma e que aglutinan a máis de 13.000 profesionais afiliados, poderán beneficiarse de apoios para atender pagamentos relacionados coa contratación de persoal, arrendamentos, reparacións e material de oficina ou indemnizacións por razón de servizo, entre outros.

Para o control de cada un destes convenios créase unha comisión de seguimento composta por dous membros designados por cada unha das partes asinantes. A vixencia desta colaboración é ata o 31 de decembro de 2022.

Con estes apoios o Executivo galego busca “afianzar a co-gobernanza e a co-xestión do medio mariño entre a Administración e o propio sector e poñer en valor o labor das federacións na representación e defensa dos intereses do sector marítimo-pesqueiro co obxectivo de impulsar a súa competitividade e a súa sustentabilidade”.

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.