Lousame ofrece este martes asesoramento ás persoas do sector agrogandeiro e do transporte que queiran pedir as axudas parapaliar o incremento do custo do combustible

23 Abril 2022

O Concello de Lousame ofrecerá asesoramento a aquelas persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, pequenas empresas ou microempresas dos sectores agrogandeiro, pesqueiro e transporte de mercadorías por estrada que desexen presentar solicitudes ao programa de axudas directas da Deputación da Coruña. Unhas subvencións que buscan paliar os danos causados pola suba do prezo dos carburantes e as consecuencias económicas da guerra de Ucraína.
O técnico de Emprego de Lousame recibirá o martes 26 de abril a todas as persoas interesadas en solicitar estas subvencións e axudaralles na súa tramitación. E é que neste caso a rapidez é moi importante xa que as axudas, de ata 3.000 euros, serán concedidas por orde de entrada e ata esgotar os 5 millóns de euros do crédito dispoñible. O prazo para solicitar esta axudas abrirase ás 9:00 horas do xoves 28 de abril.
As persoas e empresas que desexen optar ás axudas unicamente deberán acceder á convocatoria co código MUR-COMB_SUBM/2022 na plataforma SUBTeL da Deputación e presentar a seguinte documentación:
 Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal Tributaria actualizado.
 Certificado de Vida Laboral do/a autónomo/a actualizado onde conste a data de alta no RETA, no caso de persoas físicas.
 Documento que acredite a representación, no caso de persoas xurídicas e/ou físicas que actúen a través de representante.
 Información dos datos bancarios onde se ingresará a axuda.

Outros artigos

O Concello do Son achega un curso gratuíto para a obtención do PEL

O Concello de Porto do Son ofrece de xeito gratuíto un Curso de Patrón/a de Embarcacións de Lecer para a obtención do PEL (o PER en castelán), dirixido a persoas maiores de 18 de anos. Desenvolverase entre o 11 de febreiro e o 13 de maio. Os contidos do curso serán:...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión