Gran despregamento de medios para sufocar un incendio forestal en Porto do Son

06 Abril 2022
Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira

Un gran despregamento de medios contraincendios permitiu onte que só ardesen dúas hectáreas de monte arborizado nun incendio que se rexistrou na localidade coruñesa de Porto do Son, na parroquia de Xuño.

Segundo informan desde a Consellería do Medio Rural, o aviso do lume produciuse ao redor das 17.45 horas, o que permitiu mobilizar efectivos por terra e aire ata o punto situado xa nas ladeiras da Serra do Barbanza.

Foron despregados pola zona dous axentes forestais, 5 brigadas xunto a 5 motobombas, mentres que por aire as tarefas contra as chamas realizáronas dous helicópteros e dúas avionetas de carga en terra, de pequeno tamaño pero moi efectivas á hora de achegarse ata o punto concreto onde se está producindo o lume para realizar a descarga de auga, como se aprecia nos vídeos compartidos pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira, mobilizados tamén na zona.
Finalmente o lume quedou extinguido pasadas as 22 horas, tras queimar dúas hectáreas de monte arborizado e investíganse as causas do incendio que se produce nunha zona, a das ladeiras da Serra do Barbanza do Concello de Porto do Son, castigadas reiteradamente pola acción dos incendiarios.

Aínda que neste caso haberá aínda que esperar ao informe dos axentes forestais e investigadores da Garda Civil para determinar as causas e a orixe das chamas.

Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...