Ferido un motorista en Ribeira ao chocar o seu vehículo contra un turismo

A vítima conducía a súa motocicleta pola avenida da Coruña en dirección A Pobra, cando un coche incorporouse á vía desde un garaxe e levoullo por diante. O motorista saíu despedido, saltando por encima do capó do vehículo. Por sorte, non sufriu feridas de gravidade. Ao lugar acudiron efectivos da Policía Local de Ribeira e persoal de Urxencias Sanitarias, que trasladaron ao accidentado ao centro hospitalario comarcal.