Este sábado comezan en Caamaño as Festas de Pedrafurada

15 Abril 2022

Este sábado de 16 abril comezan na parroquia de Caamaño, en Porto do Son, a edición 2022 das Festas de Pedrafurada. O programa das celebracións, organizadas pola veciñanza en colaboración co Concello, comeza na xornada do 16, Día da Xuventude e véspera do día grande, cunha gran verbena a cargo da macrodiscomóbil CDC e o trío Blanca Doble.

O domingo 17, Día da Honra ao Nazareno, as actividades comezarán con dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas O Son do Pote, dando paso a unha sesión vermú que virá acompañada de pinchos e tapas variadas e estará amenizada polo Grupo Arena. Pola noite haberá novamente verbena.

O día seguinte, luns 18, serán as celebracións na honra da Nosa Señora de Pedrafurada. Amais das dianas e alboradas e do grupo de gaitas O Son do Pote está prevista a actuación da Banda de Música de Caamaño, para dar paso a unha sesión vermú na Capela de Pedrafurada acompañada pola Banda de Música de Caamaño e o Dúo Charada.

O sábado e o domingo, tanto a sesión vermú como a verbena serán na explanada da Cada da Cultura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.