Esquerda Unida organiza en Boiro un acto sobre a II República

07 Abril 2022


Este sábado 9 de abril, Esquerda Unida Boiro celebrará un coloquio para debater sobre a II República, a súa significación política e as repercusións históricas da tradición republicana nos nosos días. A agrupación política quere con este encontro avivar o diálogo arredor da nosa historia e a memoria democrática, e que ao tempo “sirva de homenaxe ás loitadoras e loitadores pola liberdade que durante a nosa historia recente traballaron de xeito incansábel na construción dun réxime de dereitos, xustiza social e liberdades”.

O acto contará coa presenza de Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, Antón Rodríguez Gallardo, historiador e que vén desenrolando xa unha ampla obra sobre a historia contemporánea de Boiro e Néstor Sieira, coordinador local de Esquerda Unida. O coloquio comezará ás 19h e terá lugar no salón de actos do Centro Social de Boiro.

Amais, Esquerda Unida enviou unha solicitude ao Goberno municipal para que durante o xoves 14 de abril ondee a bandeira tricolor na fachada da Casa Consistorial. En palabras Esquerda Unida Boiro, como “símbolo do compromiso do Concello de Boiro cos valores democráticos e a loita pola liberdade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.