“Espelliño, espelliño” – Manuel Domínguez

27 Abril 2022

Ao ínclito Pedro Sanchez
Espelliño, espelliño quen é a máis bonita?
Esta é a frase coa que a malvada bruxa do conto de Brancaneves torturaba continuamente ao seu espello.
A bruxa chamábase, Raíña Grimhilde, pero na realidade actual, non é raíña, é o narcisista do presidente Pedro Sánchez.
Narciso considerándose un mozo belo, e namorado de si mesmo, certo día viu o seu rostro reflectido nas augas do rio, tan namorado estaba de si mesmo que se achego á auga e caeu , morrendo afogado, o noso presidente, considerándose un mozo belo e fermoso, decide ofrecer aos sufridos españois 4 capítulos dunha serie televisada sobre os misterios e logros da súa vida.
Acordádesvos daquela ameaza recibida das 4 balas? Pois nada se soubo diso, que casualidade.
En Moscova atacaron con bombas un edificio e botaron a culpa aos chechenos, noutro caso apareceu no baixo dunha escaleira unha bolsa de lixo con cables, sendo descuberta, o goberno di eran restos de obras, e retirárona, quero dicir que non é a primeira vez que o goberno mata os seus cidadáns para botar a culpa a outros, ou se inventa falsos atentados.
Hugo Chávez tenia un programa de radio, chamado Aló presidente, como a Pedro a radio parécelle pouco, el para non ser menos, unha peli de 4 capítulos, un era pouco.
De broma ou non, cando Fidel chego á Habana, no seu primeiro discurso, dixo, “cuando yo llegué a La Habana esto era una jodedera, se jodian los unos a los outros, ahora es el gobierno quien asume tan ingrata tarea”.
Se non é suficiente soportar a ineptitude deste Goberno, agora quere entrar nas nosas casas, para alegrarse da dor do contribuínte.
É tan baldío, que na conversa que mantivo en Ucraína con Zelenski, deu o nome do buque que leva armas, para achegar á defensa de Ucraína.
E o mais triste e doloroso, é que abro a xanela e non vexo esperanza no horizonte.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.