En Ribeira un adulto e tres menores trasladados despois de inhalar fume por mor dun incendio nunha casa

04 Abril 2022
Dotacións de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro e Ribeira interveñen nun incendio urbano no Concello de Ribeira.

Catro persoas, entre elas tres menores, tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume despois de declararse un incendio nunha casa en Ribeira.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, as lapas calcinaron un colchón e roupa, e o fume chegou a afectar por completo á vivenda, situada na Avenida da Coruña.

Os feitos sucederon ao fío das catro desta tarde. Foi, nese momento, cando a Policía Local solicitaba ao 112 Galicia a mobilización dos equipos de extinción.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Ribeira e de Boiro e ao Grupo de Apoio e Emerxencias de Ribeira (GAEM). Ademais, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...