En Ribeira o Concello retoma as actividades do Xuño da Cultura e das Artes despois da paréntese pandémica

28 Abril 2022

O Concello de Ribeira confirmou que vai organizar a novena edición do Xuño da Cultura e as Artes logo de dous anos de interrupción pola pandemia. Trátase dunha iniciativa xurdida en 2011 co obxecto de “mostrar ao longo dun mes todo o traballo que o tecido social do municipio realiza, poñendo en valor o seu labor e amosándoo nas rúas a través de diversas e variadas actividades culturais de todas as disciplinas artísticas (música, danza, literatura, fotografía, sociedade, audiovisual, arte dramática, artesanía, etc)”.

A concelleira de Cultura, María Sampedro, remitiu un escrito ás distintas asociacións e colectivos que adoitan participar sinalándolles a intención de retomar este programa de actividades. “A actual situación sanitaria obríganos a ser cautelosos pero tamén nos permite ir amodiño retomando a actividade e por iso cremos que é o momento para volver a apostar por este programa, sempre respectando a normativa en vigor, con eventos de pequeno e mediano formato e aforos reducidos, aplicando o dispositivo de prevención implementado tanto nas instalacións culturais como para aquelas que se desenvolvan no exterior”, sinalou.

Segundo confirmou, a Concellería de Cultura coordinará todas as accións do tecido social e das áreas municipais, e realizará tamén eventos propios.

Tamén engadiu que as asociacións, centros educativos e institucións que se sumen a este programa “disporán do apoio técnico por parte do Concello, para facilitar o equipamento e infraestrutura que sexa preciso dentro da dispoñibilidade da área”.

Aquelas entidades que se queiran sumar deben poñerse en contacto coa Concellería de Cultura ata o 22 de maio. Unha vez finalizado este prazo non se admitirá ningunha proposta. Para confirmar a participación ou solicitar información cómpre dirixirse á Concellería de Cultura, de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas (Centro Cultural Lustres Rivas, R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 22 andar), no teléfono 981 835 650 ou no correo culturaefestexos@ribeira.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.