A Policía Local de Ribeira conta cun novo axente en prácticas logo do nomeamento esta
mañá do potevedrés Yago Iñarrea García tras superar o correspondente proceso selectivo.
Xa que logo, o último requisito antes de que o axente pase a engrosar a plantilla da Policía Local ribeirense en calidade de funcionario de carreira será o de realizar o pertinente curso de formación-teórica práctica na Academia Galega de Seguridade Pública.
